Bienvenidos

Este blog pertenece a los alumnos y alumnas de la Escuela de Anós, que es parte de una de las tres escuelas que componen el C.R.A. "Os Remuíños". Ha sido creado con el objetivo de incorporar las nuevas tecnologías al aula y para comunicarse con las familias. Publicaremos periódicamente noticias sobre las actividades en la escuela.




jueves, 9 de septiembre de 2010

Normas a ter en conta

Horario

O horario do centro é de 09:30 a 14:30 horas.

Os nenos e nenas de tres anos farán un período de adaptación. Este abranguerá desde o día 10 ata o 24 de setembro, ambos os dous inclusive. Durante estes días o horario será flexible para permitir a incorporación progresiva dos nenos e nenas. O horario deste período aparecerá reflexado na entrada do centro.

Na entrada a escola, a familia acompañará ao neno ou nena á porta para formar unha fila e entrar na escola. Para non romper a dinámica da clase prégase puntualidade, tanto na entrada coma na saída.

A falta de asistencia, de puntualidade así como as saídas en horario lectivo deberán ser asinadas e xustificadas nun documento que entregará a titora.
No caso de que haxa algún cambio na dinámica da escola (o neno sairá antes, virá a recollelo unha persoa diferente, vai o médico,…) avisarase á titora mediante unha nota firmada con antelación.
Horario de titorías

O horario de titoría será os martes  de 15:30 a 16:30. Cómpre avisar cunha semana de antelación.

Recreo e merendas

O tempo do recreo realízase de 12,10 a 12,40. Antes de saír ao patio, terá lugar o momento da “merenda”.

É necesario, para que teñan unha dieta equilibrada, que os nenos e nenas traian para a merenda diferentes alimentos ao longo da semana (froitas, bocadillos, lácteos, …).

Control de esfínteres

É fundamental que o neno controle esfínteres.

Se algún neno nalgún momento non os controlase na escola, chamarase ás familias para que o veñan mudar.

A razón de non cambiar aos nenos ven razoada pola interrupción da actividade escolar e do ritmo e rutinas da clase.

Xoguetes alleos á escola

Os nenos e nenas poderán traer xoguetes da casa pero en todo caso, non nos faremos cargo de que desaparezan ou volvan estragados.

Se os traen deberán compartilos.

Roupa e mandilóns

É conveniente que traian roupa cómoda, sobre todo para favorecer a súa autonomía á hora de ir ao baño.

Tamén é necesario marcar a roupa e o mandilón dos nenos para evitar pérdidas ou confusións. Ademais, o mandilón deberá ter unha cinta longa para colgar no percheiro. Recordade que pasará alí colgado toda a semana.

Psicomotricidade

A sesión de psicomotricidade os luns despois do recreo, polo que deberán traer roupa e calzado deportivo. Tamén é necesario que traian unha camiseta para cambiarse.


No hay comentarios:

Publicar un comentario