O mércores 16, o día antes das Letras Galegas, tivemos a grande sorte de facer outra xornada de convivencia cos nosos amiguiños do CPI "As Revoltas". A mestra Loli preparou uns divertidos xogos populares para conmemorar este día tan importante para Galicia e sobre todo para divertirnos. E conseguiuno! Mirade, mirade:
Ademais, celebramos en Ponteceso o Festiletras con outros centros da zona. Alí recitamos uns poemas, neste caso recitáronos os nenos e nenas de Educación Primaria. Da nosa escola, fixérono Álex e Laura. Mirade:
Logo, escoitamos a Cé Orquestra Pantasma de novo que nos encanta e fixemos unha ofrenda florar a Eduardo Pondal:
Continuamos a xornada volvendo ao Auditorio de Cabana a escoitar dúas cancións que interpretou Silvia, a mestra de teatro e a ver un vídeo que elaboramos sobre Valentín Paz Andrade todos os nenos do CRA e os nenos de Educación Infantil do CPI "As Revoltas".
Aquí tedes o enlace para ver os vídeos que nos fixeron no Festiletras:
Aquí tedes o enlace para ver os vídeos que nos fixeron no Festiletras:
La voz de Galicia (vídeo)
La voz de Galicia (fotos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario