jueves, 17 de marzo de 2011

NOTA INFORMATIVA

O luns faremos unha visita ao Castro de Borneiro e ao “Rego dos Muíños” en Canduas.

Ás nove e media, como todos os días, entraremos na escola a facer as rutinas de sempre, mentres esperamos polo bus, que chegará ás 10.05, despois de pasar por Cundíns.

Temos que levar a merenda nunha mochila pequena, que poidan levar ás costas preferiblemente. É importante que non sexa unha merenda moi grande ou difícil de comer, porque non vamos a ter demasiado tempo para ela. Tamén é necesario que leven unha bolsa de plástico ou tea para traer fariña para a casa.

Nesta visita queremos entrar en contacto directo coa auga, vendo como se depura e tamén como funciona un muíño coa axuda desta.  Darémosnos conta da influencia que ten a auga para os diferentes oficios e cantaremos a canción que levamos para casa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario